¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

¿Que ofrecemos?

 

Xardinería

XARDINERÍA

Ofrecemos servizos de mantemento, deseño e construcción de xardíns, paixasismo e rehabilitación de zonas verdes.

 

Limpeza

LIMPEZA

Cun persoal altamente cualificado encargámonos da limpeza de locais, limpeza de obra e de fogares.

 

Horta ecolóxica

HORTA ECOLÓXICA

Creamos a túa horta ecolóxica na túa finca e te asesoramos e mesmo coidamos dela para que podas disfrutar dos teus propios produtos: "Da horta á mesa"

 

Compostaxe

COMPOSTAXE

Aproveitamento dos bioresiduos xerados nas actividades de xardinería e horta ecolóxica para a produción de compost.

 

Manipulación e reciclaxe de plásticos

MANIPULACIÓN E RECICLAXE DE PLÁSTICOS

Contribuímos á vida útil dos obxectos fabricados en material plástico e para iso, encargámonos do seu mantemento e reparación.

 

Servizo de apoio a empresas

SERVIZO DE APOIO A EMPRESAS

Prestamos servizos auxiliares de apoio en empresas, organizacións ou entidades públicas.

 

Xeremprega

Xeremprega é un centro especial de emprego do grupo San Xerome Emiliani que traballa a favor do desenvolvemento das persoas con diversidade intelectual, fomentando a súa inclusión laboral nun espazo no que prima o respeto ás persoas independentemente da súa condición individual.

25 anos de experiencia

25 anos de experiencia

Persoas traballadoras con diversidade intelectual

Valor social

Valor social

Equipo Xeremprega

Somos unha empresa inclusiva que ofrece dunha forma personalizada e adaptada ás necesidades das/os clientes.

Formamos un grupo de traballadores e traballadoras que, con responsabilidade social e ambiental, contribuímos á consolidación da economía inclusiva no Baixo Miño.

Poñemos as nosas capacidades ao teu servizo. Estamos comprometidos co “traballo ben feito”. Conta con nós!

Equipo Xeremprega

Empresa Innovadora

Recoñecemento ARDAN 2023 Empresa Innovadora XEREMPREGA

Xeremprega desenvolveu un novo plan de expansión de servizos e mellora de procesos que lle valeu o recoñecemento como empresa innovadora dentro do indicador ARDAN 2023.

Este indicador, elaborado pola Zona Franca de Vigo, identifica as empresas galegas que presentan altos niveis no desempeño innovador a través de indicadores de esforzo de I+D interna, tecnoloxía de procesos e mellora da produtividade.

No último ano, Xeremprega realizou un esforzo en investimento e desenvolvemento de novos procedementos para avanzar na excelencia de servizo e satisfacción do cliente, á vez que avanza na implantación de proxectos innovadores de inclusión laboral de persoas con diversidade intelectual.

Xeremprega caracterízase polo seu compromiso co desenvolvemento do Baixo Miño, a creación de emprego cun carácter inclusivo e a satisfacción do usuario, agradecendo aos seus clientes e a todas as entidades que colaboran no proxecto, o apoio recibido para seguir crecendo coa responsabilidade de avanzar na mellora continua, sendo este recoñecemento como empresa innovadora do ARDAN un novo estímulo para avanzar nesta dirección.

Escolle Xeremprega

Aportamos solucións ás necesidades dos nosos clientes. Contamos cunha ampla estrutura e unha completa gama de servizos, temos contrastada experiencia e aportamos calidade, compromiso e responsabilidade social. Así como cun equipo humano formado e dedicado.

Se optas por Xeremprega participas da inclusión laboral nunca empresa de economía social. A nosa maior recompensa é a satisfacción da/o cliente