¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Que é un Centro Especial de Emprego?

Os Centros Especiais de Emprego teñen como obxectivo principal a integración das persoas con discapacidade no réximen de emprego ordinario. Non só producen bens e/ou servizos senón que tamén prestan servizos de axuste persoal e social das persoas traballadoras.

Para manter a cualificación administrativa de centro especial de emprego, como mínimo, o 70% do seu cadro de persoal debe estar composto por persoas con discapacidade.

Nos CEE priman os intereses da persoa por riba do capital, funcionan democraticamente e os beneficios reinvirtense no CEE. Son entidades que pertencen á familia da economía social.