¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Servizos

Xardinería

XARDINERÍA

Ofrecemos servizos de mantemento, deseño e construción de xardíns, paisaxismo e rehabilitación de zonas verdes. Contamos cun equipo altamente experimentado con máis de 20 anos de experiencia. Atendemos tanto a clientes privados como a administracións públicas.

Limpeza

LIMPEZA

Servizo de limpeza de locais, fogares e obras contando con persoal altamente cualificado (con formación profesional orientada á limpeza) e incorporando nos nosos servizos produtos de limpeza eficaces, innovadores e respectuosos co medio ambiente.

Horta ecolóxica

HORTA ECOLÓXICA

Ofrecemos un servizo de produción de horta ecolóxica desde a nosa Leira As Mercedes na Guarda. Estamos a consolidar a nosa horta para que sexa un referente no sur de Galicia na produción ecolóxica usando métodos innovadores de agroecoloxía, brindando servizos de formación, asesoría e venda directa de produtos frescos de tempada.

Producimos plantas de temporada, vivaces e aromáticas ecolóxicas. Podes mercalas na nosa tenda Atalaia.

Compostaxe

COMPOSTAXE

Como parte da nosa aposta pola economía circular, iniciaremos a produción de compost de calidade para aproveitar os bioresiduos que xeramos desde as nosas actividades produtivas

MANIPULACIÓN E RECICLAXE DE PLÁSTICOS

Dedicámonos á reparación e ao mantemento de calquera obxecto fabricado en material plástico. O noso sistema garante unha importante prolongación da vida útil dos obxectos reparados, recuperando totalmente a súa funcionalidade.

A reparación, o mantemento ou a adaptación de calquera elemento plástico, permiten a nosas/os clientes dispoñer dos seus bens nun estado óptimo, por moito máis tempo.

Reparamos todo tipo de contedores de plástico, elementos plásticos de vehículos ou equipos de limpeza, mantemento integral de parques de RSU, etc.

Servizo de apoio a empresas

SERVIZO DE APOIO A EMPRESAS

Prestamos servizos auxiliares de apoio en empresas, organizacións ou entidades públicas orientados principalmente a servizos de transporte e tarefas de apoio en comedores e cociñas.

Ao contar con nós, elixes

Compromiso social e territorialCompromiso social e territorial

Integridade e experienciaIntegridade e experiencia

TransparenciaTransparencia

Respecto polo medio ambienteRespecto polo medio ambiente

Contratación responsableContratación responsable

Integración social e laboralIntegración social e laboral

EficaciaEficacia

CalidadeCalidade

Qué podemos facer por ti?

Escríbenos e cóntanos que precisas. Traballemos xuntos!