En Xeremprega as persoas con diversidade intelectual son o noso activo máis importante. Son elas as que impulsan este proxecto e lideran o camiño cara unha sociedade más xusta e inclusiva.
Xeremprega pon ás persoas no centro de todo. Cremos que as persoas deben participar en igualdade de oportunidade na sociedade, e o emprego é unha porta á visibilización e normalización.
Se queres formarte traballando con nós e unirte a un equipo de profesionais implicado e comprometido, éste é o sitio.
Desenvolve as túas competencias profesionais e constrúe o teu proxecto de vida, este é o teu sitio.
Escríbenos e cóntanos que precisas. Traballemos xuntos!