Xeremprega desenvolveu un novo plan de expansión de servizos e mellora de procesos que lle valeu o recoñecemento como empresa innovadora dentro do indicador ARDAN 2023.
Este indicador, elaborado pola Zona Franca de Vigo, identifica as empresas galegas que presentan altos niveis no desempeño innovador a través de indicadores de esforzo de I+D interna, tecnoloxía de procesos e mellora da produtividade.
No último ano, Xeremprega realizou un esforzo en investimento e desenvolvemento de novos procedementos para avanzar na excelencia de servizo e satisfacción do cliente, á vez que avanza na implantación de proxectos innovadores de inclusión laboral de persoas con diversidade intelectual.
Xeremprega caracterízase polo seu compromiso co desenvolvemento do Baixo Miño, a creación de emprego cun carácter inclusivo e a satisfacción do usuario, agradecendo aos seus clientes e a todas as entidades que colaboran no proxecto, o apoio recibido para seguir crecendo coa responsabilidade de avanzar na mellora continua, sendo este recoñecemento como empresa innovadora do ARDAN un novo estímulo para avanzar nesta dirección.